Fexdega estrea unha web máis intuitiva e actualizada

    web_fexdega_100.jpgVILAGARCÍA > Se escribimos na rede www.fexdega.es teremos á nosa disposición toda a información necesaria sobre o recinto feiral de Vilagarcía, que presenta …

    … agora unha imaxe renova da súa páxina. Unha web que tivo que cumprir os retos de actualizar, modernizar e mellorar o anterior sitio. Para elo baseouse nun deseño atractivo e nunha estrutura mellor organizada e máis intuitiva. Deste xeito, podémonos atopar con enlaces directos ás seccións de maior interese do recinto coma o Calendario Feiral, a Información aos Expositores e as Indicacións de Aceso ata o edificio con mapas de googlemaps.

    Ademais a web tamén nos permite un percorrido polas instalación en 360 graos, e conta cunha canle propia en Youtube, www.youtube.es/canalfexdega, na que se poderán colgar tódolos vídeos promocionais dos eventos que se organicen no recinto. No sitio web, dispoñible en galego, castelán e inglés, tamén haberá información actualizada sobre as últimas novas relativas ó recinto e ó seu padroado.

     A idea da web é un proxecto iniciado polo anterior xerente de Fexdega, Franciso Rodríguez, e os seus creadores son a empresa Internet Consulting, os gañadores do concurso público convocado para o deseño da páxina.

    Redacción Salnés