Un presunto delito de contrabando senta a Nené Barral ante a xuíza 21 anos despois da súa detención

PONTEVEDRA> O exalcalde de Ribadumia, José Ramón Barral, máis coñecido como Nené, sentou hoxe na bancada dos acusados da Audiencia Provincial de Pontevedra por un presunto delito de contrabando. Fíxoo máis de 21 anos despois da súa detención, cando o Servizo de Vixilancia Aduaneira considerouno responsable dun alixo de 400.000 paquetes de tabaco que foran intervidos no porto de Vigo. Enfrontase a unha pena de 10 anos de cadea e unha multa de 15 millóns de euros.

Despois de máis de 21 anos de agarda, Nené Barral, exalcalde de Ribadumia, sentou na bancada da Audiencia Provincial de Pontevedra para responder por un presunto delito de contrabando. Delito que nega a súa avogada defensora.

En maio de 2001 fora detido por consideralo o Servizo de Vixilancia Aduaneira responsable dun alixo de 400.000 paquetes de tabaco que foran intervidos no porto de Vigo. Segundo a Fiscalía, Nené Barral era o líder dunha organización integrada por persoas de diferentes nacionalidades que entre 1996 e 2001 se dedicaron a introducir tabaco en España e en territorio da Unión Europea. Por iso piden para el unha pena de 10 anos de prisión e o pago de 15 millóns de euros de multa.

Hoxe os avogados dos nove encausados presentaron as súas cuestións previas nas que solicitaron a nulidade do procedemento.

Outro dos argumentos da defensora de Barral é a incompetencia de xurisdicción.

Os avogados dos demais acusados coincidiron cos postulados de Ventoso e tamén criticaron a instrucción xudicial que no seu momento levou o xuíz José Antonio Vázquez Taín. Pola súa banda, o fiscal desbotou todos os argumentos das defensas. Así as cousas, será a presidenta do tribunal quen decida. Nélida Cid citou a todas as partes para o vindeiro 15 de decembro. Neste tempo responderá aos posicionamentos e decidirá se finalmente comeza o xuízo.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí