Javier Puertas: ‘Alcaldía e Porto están obrigados a traballar man a man’

    reunion_puertas_alcaldesa_100_100809.jpgVILAGARCÍA> O presidente da Autoridade Portuaria mantivo a súa primeira toma de contacto co equipo de Goberno local.

    {flowplayer}images/salnes/puertas_en_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    O presidente da Autoridade Portuaria, Javier Puertas, quizo reunirse coa alcaldesa de Vilagarcía no seu primeiro día á fronte deste cargo. Durante a xuntanza, ámbolos dous mandatarios intercambiaron impresións sobre a necesidade de que Porto e concello traballe conxuntamente. Dolores García puido expresarlle as inquedanzas que asoman nestes momentos, como pode ser a desembocadura do río Con, a cesión do aparcadoiro mentres duran as obras en Vilagarcía, ou a cesión de terreos da autoridade portuaria nestes tempos de festas.

    Tamén, Puertas presentou hoxe a súa dispoñibilidade con respecto tanto á alcaldía como á cidade vilagarcián. Considera que o primeiro paso é reunirse coas persoas necesaria para facer unha avaliación da situación, e deste xeito poder comparar e tomara as decisións axeitadas. Por outra banda falou da cesión dos terreos da comandancia para a construción dun centro de saúde. De cara a este tema, quixo aclarar que nun primeiro momento comprobará a existencia dun proxecto destinado a tal fin, e de existir, reunirase coas persoas implicadas para tomar as medidas necesarias.

    Redacción Salnés