Queiman un guindastre de extracción de mexillón na Illa de Arousa

    guindastre100.jpgILLA DE AROUSA > O lume arrasou esta madrugada, un guindastre situado no peirao da Illa de Arousa. Este é o terceiro sabotaxe aos mexilloeiros …

    {flowplayer}images/salnes/guindastre.flv{/flowplayer}

    ILLA DE AROUSA > O lume arrasou esta madrugada, un guindastre situado no peirao da Illa de Arousa. Este é o terceiro sabotaxe aos mexilloeirosda comarca do Salnés ao longo da última semana. Aínda que, de momento, non se coñece a autoría destes feitos, os prexudicados consideran que este incidente é consecuencia do conflito desatado entre as agrupacións de mexilloeiros de Galicia.

    Os feitos ocorreron esta madrugada, pouco despois das cinco da mañá no peirao de Xufre. Os bombeiros da comarca do Salnés recibiron un aviso de que se estaba a queimar un guindastre de extracción de mexillón, na illa de Arousa. Cando os efectivos de emerxencias chegaron ao peirao xa non puideron facer nada por salvar esta grúa, da que só quedaron os ferros.

    O propietario, Juan Carlos Viñas, está derrotado e asegura que non sabe de qué vai vivir agora, despois de que un descoñecido, convertera en cinzas, o seu medio de gañarse a vida. Agora confésase indefenso.

    Este o terceiro sabotaxe que se produce nos peiraos da comarca do Salnés, na última semana. As anteriores vítimas son dous bateeiros aos que lle cortaron as cordas das súas bateas co que perderon a produción de mexillón, deste ano. Entre os profesionais do sector, non descartan que estes sabotaxes estén relacionados coa guerra aberta entre as asociacións de mexilloeiros. No caso de Juan Carlos Viñas, él confésase ao marxe do conflito.

    Este suceso produciuse un día despois de que se anunciara un aumento da vixilancia nos peiraos da comarca. Agora a Grada Civil trata de esclarecer as circunstancias deste ataque.

    Redacción Salnés