O persoal de Correos sae á rúa en contra das novas áreas de reparto

RIBEIRA> Os traballadores de Correos de Ribeira concentráronse na praza do concello para denunciar o novo sistema de reparto en varios concellos. Entenden que a integración das actuais zonas en outras máis amplas repercutirá negativamente na calidade do servizo postal.

Ó berro de ‘cada barrio co seu carteiro’, os traballadores de Correos saíron á rúa e Ribeira para amosar o seu rexeitamento ás modificacións no sistema de reparto. A integración das actuais zonas en áreas moito máis amplas suporá unha perda de calidade do servizo ademais da eliminación de dous postos de traballo.

Entenden que este plan de reestruturación é un paso máis cara o desmantelamento dun servizo público fundamental, especialmente no eido rural, tal e como quedou patente durante o confinamento.

O novo modelo de reparto entrou en vigor hoxe mesmo nos concellos de Ribeira e Carballo, coincidindo coa campaña de Nadal cando se incrementan considerablemente o número de envíos polo que é aínda máis necesario se cabe manter a calidade do servizo.

A intención de Correos é seguir aplicando estas reestruturacións en tódalas unidades durante as próximas semana.

 

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí