O concello da Pobra e a SEA abordarán a ampliación do polígono da Tomada

A POBRA> O concello da Pobra analiza coa SEA a necesidade de dotar de máis chan industrial ó municipio. O goberno municipal aposta por unha nova ampliación da Tomada sen descartar o proxecto do macropolígono entre Ribeira e A Pobra a longo prazo.

O alcalde da Pobra, José Carlos Vidal, e o concelleiro de Urbanismo, Xosé Lois Piñeiro, mantiveron unha xuntanza coa xerente de Suelo Empresarial del Atlántico para analizar as necesidades de ampliación de chan industrial no municipio. Tras esgotarse os máis de 100 mil metros cadrados que se habilitaron na última fase do polígono da Tomada, o goberno municipal e a sociedade estatal analizaran novas vías para crear chan empresarial, unha das prioridades do actual goberno.

A opción máis viable é acometer unha nova fase de ampliación do polígono da Tomada que permitiría dar cobertura á demanda das empresas xa emprazadas no parque e acabar tamén co problema derivado da falla de espazos para estacionamento.

A longo prazo, dende o concello non descartan retomar o proxecto supramunicipal para a construción dun macropolígono entre A Pobra e Ribeira que suporía a creación de máis dun millón de metros cadrados de novo chan industrial.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí