A POBRA> Éxito de participación no showcooking desenvolvido este domingo na praza de abastos da Pobra como parte do programa de actividades organizado pola concellería de Turismo durante a Semana Santa.
Baixo o título ‘Da praia ó prato’, o cociñeiro Jaime Chouza elaborou un menú mariñeiro composto por un prato principal (fabas con ameixas) e tres tapas: ameixas á mariñeira en miga de pemento, berberechos ó vapor con escuma de cítricos e crocante de coral e empanada de berberechos con masa de millo. Non podía faltar a sobremesa elaborada a base de algas.
Esta demostración culinaria dou continuidade ó obradoiro de marisqueo desenvolvido pola mañá na praia dos Areos no que os asistentes tiveron ocasión de coñecer máis a fondo o traballo dos mariscadores a pé da Pobra.