A abstención de EU facilita a aprobación do orzamento de Vilagarcía

    pleno100_270608.jpgVILAGARCÍA > O goberno municipal vén de facer un xiro á esquerda obrigado polo grupo de Juan Fajardo para poder aprobar o presuposto

    {flowplayer}images/salnes/pleno_vilagarcia.flv{/flowplayer}

    VILAGARCÍA > O goberno municipal de Vilagarcía vén de facer un xiro á esquerda obrigado polo grupo de Juan Fajardo para poder aprobar o presuposto de 2008, que ascende a 28 millóns e medio de euros. Esquerda Unida cumpriu o prometido e abstívose na votación, ó aceptar o bipartito as súas propostas. Iso si, clarexou que é un acordo puntual. O PP, que votou en contra, acusou a EU de firmar un cheque en branco e advertiulle que lle incumprían os acordos.

    A incógnita no pleno era o voto de IVIL. José Luís Rivera Mallo propuxo, entre outras cousas, a retirada do asesor, que xa se fixera a petición de EU, e tamén a conxelación de taxas e impostos municipais, a do lixo ata 2011, para paliar así a crise económica. O PSOE admitiu que había que revisar as ordenanzas pero dixo que iso precisaba negociación de tódolos grupos. Como a emenda non prosperou IVIL votou en contra.

    O goberno municipal deixou claro que quere acordos con todos, unha mensaxe que o portavoz do BNG dirixiu especialmente ó PP. O PSOE convidou a Fole a superar as confianzas mutuas polo ben de Vilagarcía.

    Redacción Salnés