RIBEIRA> Como vén sendo habitual por estas datas, Cáritas Parroquial de Ribeira realizou o balance anual das intervencións realizadas ó longo do ano coas persoas máis desfavorecidas. Dende a organización destacan a baixada experimentada este ano no número de familias atendidas, un total de 133. A cifra máis baixa da súa historia.
Satisfacción e ledicia no seo de Cáritas Parroquial de Ribeira despois de comprobar que o número de familias atendidas ó longo do presente ano, a piques de rematar, se situou nas 133. Unha cifra que se sitúa nos seus mínimos históricos, lonxe dos peores tempos da crise, na que se chegaron a superar as 300 familias atendidas.
Aínda así dende a entidade din que queda moito que facer, polo que seguen a traballar arreo para axudar ás persoas que máis o necesitan. Neste sentido dende Cáritas destacaron o traballo que vén realizando nos últimos meses a súa educadora social, principalmente co colectivo xitano.
De cara as datas de Nadal a entidade seguirá a desenvolver as súas campañas habituais, como é a recollida de alimentos, coa que colaboran empresas e tamén supermercados