Non aguantan máis

    BOIRO> Un grupo de pais, socios do Club Natación Boiro, veñen de amosar o seu malestar pola tardanza na apertura das instalacións da piscina municipal da Cachada.

    É a rutina case diaria. Tres veces á semana, os pais dos nenos do Club Natación Boiro, teñen que acompañar ós seus fillos ata a parada de autobuses, onde os recolle un autocar que os traslada a Ribeira para poder realizar os seus adestramentos. Dende que pecharon as instalacións do complexo deportivo da Cachada, hai xa uns dezaseis meses, esta práctica converteuse xa en algo habitual. En total máis de dúas horas de viaxe, sumando traslados e adestramentos. Algo xa inaguantable para moitos nenos, que decidiron deixar de nadar. Cansos desta situación, os pais reclaman dunha vez por todas que o concello lles dea unha solución o máis axiña posible e non dilate máis toda a tramitación para a apertura da piscina. Para os pais, non é un problema único é exclusivo do club, xa que en Boiro tamén hai outros colectivos que se están a ver afectados polo peche da piscina, como é o caso dos xubilados, ou mesmo calquera veciño que acudía con frecuencia ó recinto da Cachada. Dende o concello arguméntase de que existen dúas empresas especializadas na xestión deste tipo de recintos deportivos que se mostraron interesadas en facerse cargo das instalacións. Unha vez rematadas as bases do concurso, o seguinte paso sería a convocatoria dun concurso de adxudicación. Un proceso que dende o equipo de goberno, pretende, que non se prolongue demasiado no tempo. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/30/paisclubnatacionboiroaperturapiscina301013.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/30/paisclubnatacionboiroaperturapiscina301013.mp4{/flowplayer}