Crearase unha comisión de seguimento da E.D.A.R do Grove

    conselleiro100_300608.jpgO GROVE > O conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez reuniuse esta mañá co alcalde do Grove , Jose Antonio Cacabelos

    …e con varios colectivos empresariais e veciñais da localidade para tratar o polémico proxecto da ubicación da futura depuradora. Situarase en Laxe de Rons, o lugar proposto inicialmente polo goberno e crearase unha comisión de traballo para realizar un seguimento nas distintas fases do proxecto. 8 millóns de euros custará a nova depuradora do Grove cuxo proxecto xa está redactado e emitido. Tan só fata que se resolva o período de alegacións e inmediatamente pasará a licitarse. Así o confirmou o conselleiro de medio Ambiente, Manuel Vázquez que se reuniu esta mañá co alcalde do Grove, José Antonio Cacabelos e diferentes colectivos empresariais e veciñais que se manifestaron fai uns meses en contra da situación da EDAR que finalmente se ubicará en Laxe de Rons, como inicialmente propoñía o goberno municipal. Cacabelos describiu a xuntanza como positiva

    Dos acordos contraídos na reunión destaca a próxima constitución dunha comisión de traballo entre os diferentes axentes que interveñen no proxecto cuxo fin será o de facer un seguimento ó proceso de creación da nova EDAR As preocupacións dos colectivos xiraron entorno a situación da EDAR e da seguridade da mesma aínda que Vázquez afirmou que o actual emisario actuará como unha alternativa total

    A nova depuradora utilizará un sistema revolucionario a través de raios ultravioleta que permitira eliminar non só os residuos orgánicos tamén os bacteriolóxicos para garantir unha limpeza total das augas que non afecte a cría de moluscos, xa que o Grove emite á ría miles de centímetros cúbicos de vertidos con un alto grao de contaminantes.

    Redacción Salnés