Céltiga – Portonovo, a batalla pola permanencia

futbol250_040408.jpgSALNÉS > Xornada interesantísima. Os catro equipos do Salnés enfrontaranse entre eles. En San Pedro o Vilalonga recibirá o Arousa mentres que no Salvador Otero Céltiga e Portonovo pelexarán por unha victoria que lles alonxe dos postos de descenso.

Partidazo o que se vai vivir na Illa este domingo entre Céltiga e Portonovo ás 17:00. Dous equipos que precisan a victoria e que viven probablemnete no mellor momento deportivo da temporada.

Os de Manuel Núñez levan sumados 14 dos últimos 21 puntos en xogo, os mesmos que os portonoveses; a ambos conxuntos esta boa xeira de resultados servíulles para saír dos postos de descenso, co que agora teñen tres e seis puntos de diferencia respectivamente.

No plano extradeportivo quizais non chegan no mellor momento. O Céltiga pola expulsión do equipo de Edgar tras tomarse unhas vacacións sen o permiso do club. Directiva, xogador e adestrador forman un triángulo agora enfrontado.

No Portonovo sentou moi mal a eliminación de Copa a mans do Guardés de Primeira Autonómica e tampoco están como para tirar foguetes. Polo tanto, os da Illa xa sen Edgar, encomendaranse a Adrián Nieto, gran arma ofensiva nas últimas semanas, xa que anotou catro goles en dous partidos.

No cuadro portonovés non estarán con seguridade Úbeda, por sanción, Iago, e Curiel e Baptiste, que recaeron das súas lesións durante esta semana. Se gañan os da Illa, darán un paso de xigante de cara á salvación, se o fan os de Baltar, estarán a dous puntos de asegurar matemáticamente a permanencia.

Unha hora máis tarde comezará en San Pedro o Vilalonga Arousa, outro partido de rivalidade comarcal pero no que non hai tanto en xogo. Os vilagarciáns están prácticamente agradando a que remate a temporada, só precisan dunha victoria nos sete partidos que restan para salvarse mentres que os celestes pelexan por meterse no playoof pese que o teñen algo lonxe. Serán baixas para este encontro Quito e Caco polo Vilalonga e Manu polo Arousa, todos eles por sanción.

En Preferente Autonómica destacar tamén os encontros que han de disputar Unión do Grove contra o líder Gran Peña o domingo ás 17:00 e Rapido de Bouzas B – Ribadumia.

Redacción Salnés