Novas fichaxes e renovación nos equipos do Salnés

fichaxes250_020708.jpgVILAGARCÍA > Grupo Junquera e BBC Inelga continúan a traballar na confección dos seus respectivos planteis para a vindeira temporada. estas son as últimas novidades.

Por unha banda o Inelga ven de confirma-la continuidade de dous dos seus xogadores. O pívot Marcos Rozas e o base Víctor Ramos acadaron onte un acordo coa directiva para proseguir no club vilagarcián durante a temporada 2008-2009.

Mentres, o Grupo Junquera de fútbol sala atou para o vindeiro ano ós cesureños Eric Torres e Daniel Parajó, dous xóvenes valores de 21 anos que lle veñen a dar consistencia ó esquema do novo adestrador Diego Mollinedo.

Dende o Junquera non pechan a porta a outras fichaxes e agárdanse novas incorporacións para os próximos días.

Redacción Salnés