RIBEIRA> A concellería de Deportes en colaboración con outras entidades, entre as que se atopan a asociación Arousa NeO, a peña cilista Os Saltamontes, Sportbike e Dalle Pedal, así como a asociación de veciños de Carreira, organizan a décimo terceira edición da Ruta BTT de Nadal. Todo un clásico destas datas.
A proba terá lugar o domingo 7 de xaneiro, con saída ás nove da mañá dende o pavillón da Fieiteira.
A principal novidade dese ano será o cambio de percorrido.
Haberá ademais dúas alternativas, unha curta de 30 e outra longa de 50, con diferentes niveis de dificultade
Dende a organización agardan unha participación próxima ós trescentos corredores, similar á rexistrada nas últimas edicións.
Aínda que non ten un carácter competitivo confían en completar o número de prazas dispoñibles.
Os interesados poderán inscribirse na ruta ata o vindeiro mércores 4 de xaneiro, a través da web de cronotec. O prezo da inscrición será de dez euros.











