Os Ingleses RC afronta un dos maiores retos da súa historia

VILAGARCÍA> Os Ingleses RC vai participar na fase previa das Series Nacionais de Rugbi Seven. O Hostal Vinoteca Derby acolleu onte a presentación do equipo que vai disputar esta importante competición o sábado en Madrid.

Os Ingleses RC afronta esta fin de semana un dos maiores retos da súa historia. Participará xunto a outros seis equipos na fase previa das Series Nacionais de Rugbi Seven, unha modalidade deste deporte na que participan sete xogadores por equipo e que será olímpica en Londres. En xogo está unha única praza xunto ós 17 mellores equipos de Seven de España, todos eles de División do Honra e División de Honra B. De acceder á seguinte fase os vilagarcíáns deberían volver a desprazarse a Madrid o 11 de xuño e a Villajoyosa o 18. Para o 2 de xullo quedaría a Serie Final nunha sé aínda por determinar.

Pero o primeiro paso é impoñerse nesta previa ós outros seis equipos participantes que serán o CD Arquitectura, Majadahonda, Hercesa, Sanse Scrun, Ingenieros Industriales e Crat Coruña.

O conxunto vilagarcián está formado por Jacinto Campos “Cachopo”, David Losada, Javier Pesado, David Riveiro, Iván Tiago, Antón Teijeiro, Gonzalo Fernández, Daniel Prieto y Jesús Miguéns, ós que hai que sumar a Adrián Fernández, procedente de Vigo e outros dous xogadores madrileños cos que o club negocia para reforza ó equipo de cara a este torneo.

Tanto o técnico David Losada como o Presidente Fito Brea, confían nas posibilidades do equipo nesta modalidade na que están a obter granes resultados. Ambos quixeron agradecer o patrocinio do Hostal Vinoteca Derby que fai posible participar nesta previa das Series Nacionais.

Redacción Salnés