Os campións de España de pesca submarina son vilagarciáns

submarinismo250_030708.jpgVILAGARCÍA > Esta fin de semana en Sanxenxo celebrouse o Campionato de España por clubes de Pesca Submarina. Da man de Ricardo González, integrante do equipo campión, o Raspa de Vilagarcía, sumerxímonos neste mundo submarino, para moitos descoñecido.

{flowplayer}images/salnes/submarinismo_030708.flv{/flowplayer} 

Se queren, imos de paseo polo fondo da Ría de Pontevedra. Non fai falla que conteñan a respiración como o fan estes deportistas, que son quen de baixar máis de 30 metros a pulmón, sumerxións moitas delas cércanas ós dous minutos con moi pouco tempo de recuperación entre cada unha delas. E resulta que os mellores practicando este deporte tan arriscado en España son do Salnés, de Vilagarcía, o equipo da Asociación Cultutal e Deportiva Raspa. Os nomes dos integrantes: Buba Linares na lancha e Antonio e Ricardo abaixo. 

As pezas todas elas están reglamentadas; hai tan só unhas poucas especies que se poden pescar e todas elas teñen que ser de máis dun quilo. Non se quedan coas capturas, son sempre doadas á beneficiencia. Co que sí que corre é co risco que entreña esta práctica. 

Este campionato de España servia en boa parte para dilucidar os candidatos a estar na selección española que represente o país nas vindeiras competicións internacionais. Unha selección que coñece Ricardo, xa formou parte dela, aínda que non se plantexa de momento volver. 

Deixámoslles de novo na superficie, xa poden respirar despois deste baño nas profundidades da Ría de Pontevedra.

Redacción Salnés