Galo Polo foi o gran vencedor do Open Náutica Vidal

motos250_150609.jpgSANXENXO> Sanxenxo rexistrou esta fin de semana un ambiente excepcional, cun numeroso público que se deu cita na praia de Silgar para seguir de preto o Open Náutica Vidal de motos acuáticas. Foron dúas xornadas de competición nas que o espectáculo e a velocidade foron da man.

A Copa do Rey de Motos Acuáticas fixo esta fin de semana unha parada en Sanxenxo onde se disputou o Open Náutica Vidal. Na primeira xornada disputáronse as probas de RallyJet, nun circuito pechado próximo á praia de Silgar moi vistoso.

Divididos en tres categorías, trinta pilotos participaron no primeiro día de probas. En Promoción, onde so se disputou unha manga, a victoria foi a parar a mans de Óscar Marques, con Juan Miguel Sáez segundo e José Alberto Martínez terceiro. Na categoría intermedia, Runabout stock, o piloto de Salceda Arturo Campos levouse o triunfo para delirio dos afeccionados locais. Completaron o podium Juan Félix Bravo e Miguel Ángel Navarro. Xa na categoría raíña, en Superstock, Alejandro Molina foi o máis rápido superando Kiko Aguilera e Galo Polo.

Para o domingo quedou a proba máis dura, a offshore de 100 millas náuticas polas Rías Baixas, que levou ós pilotos por un percorrido case que maratoniano, pasando controles en Combarro ou Baiona, entre outros lugares.

Galo Ignacio Polo repetíu podium e levouse o triunfo en Superstock. Segundo foi Amador Ferrer García, y tercero Pablo Lindner. Tamén estivo ambas xornadas no podium Arturo Campos que fixo un segundo posto en Runabout stock superado por Carlos Vela. Juan Manuel Sáez levouse o título no que respecta á categoría de Promoción.

Redacción Salnés