Comeza o estudio dos proxectos de remodelación da ponte da Correntes

    dv790_-_ponte_correntes_100.jpgPONTEVEDRA > Esta mañá tivo lugar en Pontevedra a mesa de contratación da Ponte das Correntes,…

    … unha obra á que concorreron nove propostas de seis empresas diferentes. Finalmente foron 8 as que reunían unhas condicións técnicas e económicas aceptables na práctica.

    Estes proxectos contemplan unha solución técnica interesante que inclúe catro carrís de circulación e unha altura de gálibo da nova ponte alomenos igual que a Ponte do Burgo; para asegurar así a navegabilidade para embarcacións lixeiras.

    Todas estas propostas serán estudiadas por un comité de expertos que encabezará Juan Santamera; e ademais someteranse ó xuízo popular mediante unha exposición de proxectos que estará aberta desde o vindeiro luns e ata o 24 deste mes. A partir desta mostra de proxectos, os cidadáns responderán a un cuestionario que recollerá a súa opinión á traves de quince preguntas. Logo, o Concello traballará con estas dúas sentencias, a da cidadanía e a dos expertos, antes de emitir un dictame definitivo de adxudicación das obras.

    Redacción Salnés