Un veciño denuncia á falta de solucións da concentración parcelaria

    parcelaria__100.jpgCALDAS > Manuel Rey Troncoso, un veciño da comarca do Salnés propietario dunhas fincas en Saiar, Caldas, …

    ….denuncia publicamente que a parcelaria segue sen resolver os problemas nesta localidade logo de 14 anos de tramitación. No seu caso particular asegura que lle outorgaron unha finca de 2.085 metros cadrados que finalmente, por razón da calidade da terra, lla deixaron en 1.775 metros cadrados. Pero neste espazo, deixáronlle a maiores unha presa que divide o terreo en dúas partes, o que fai imposible que traballe nunha das metades por mor da auga acumulada.

    Esta presa, recolle a auga dun manancial que posúe no seu un veciño colindante e que el quere que siga transcorrido todo pola propiedade do mesmo. Manuel Rey está farto de dar viaxes a Pontevedra e de facer chamadas á Xunta de Galicia para que lle arranxen este entorto. No departamento autonómico suxírenlle que se aclare el co veciño, un remedio que non é posible, posto que logo de intentalo non chegaron a un acordo final, amais que el pensa que debe ser o goberno galego ó que solucione este problema que el antes non tiña. A

    nte todos este problemas a Manuel xa se lle esgota a paciencia. Este veciño e os seus familiares xa quixeron soterrar a presa para poder traballala finca o que derivou nunha denuncia do Seprona e ca intervención de Augas de Galicia. Visto que non poden facer nada, prefiren ata renunciar á finca se é mester.

    Redacción Salnés