Os retrasos acumulados pospoñen a apertura do novo Mercado de Cambados ata 2024

CAMBADOS> Avanzan os trámites para a construción da nova Praza de Abastos de Cambados. Nun par de semanas, Patrimonio rematará un informe arqueolóxico, o derradeiro que falta para que Portos poida elabora-lo novo Plan Especial que afecta á zona. Unha vez superados todos estes trámites, as obras comezarán no 2020.

A construción dunha nova Praza de Abastos en Cambados acumula retraso tras retraso. Aínda falta o Plan Especial de Portos que ten debe regula-los  usos do espazo litoral da localidade, onde se vai construí-lo futuro mercado. O ano pasado, este documento xa estaba rematado, pero a comezos deste ano houbo que corrixilo. E nese proceso é onde se atopa agora o proxecto, paralizado polos informes sectoriais que van chegando ós poucos. O derradoiro é un de Patrimonio sobre cuestións arqueolóxicas. Prevese que estea listo nun par de semanas.

En canto ese informe estea rematado, Portos terá que elabora-lo documento definitivo. Os cartos para esta actuación xa están reservados. En total, tres millóns e medio de euros para construír de 0 un mercado do século XXI.

O proxecto acumula anos de retrasos. A previsión do Concello é poder inaugura-la nova praza dentro de cinco anos.

En canto ás deficiencias que denuncian as praceiras, o goberno local explica que pretenden gasta-lo mínimo posible nas actuais instalacións, na súa conta atrás para seren derrubadas. Comprométense, iso si, a soluciona-los problemas máis graves, como por exemplo as pingueiras.