![]()
CATOIRA > Esta mañá achegáronse ate a canteira de Pedras Miúdas en Catoria a Delegado Provincial de Industria, Monserrat Prado, …
… e o Director Xeneral de Industria, Enxeñería e Minas, Anxo Calvo para ver o estado da zona na que se levará a cabo a proposta dos comuneiros de San Miguel de valar o acantilado da lagoa.
A consellería de Industria aceptou a proposta dos veciños de Catoira de valar o perímetro da canteira de Pedras Miúdas. Esta canteira de pedra que deixou de traballarse ai uns 20 anos estivo a piques de converterse nun vertedoiro de residuos de obra pero non foi posible debido á presión veciñal. Agora son os propios veciños de San Miguel os que solicitaron o valado do acantilado da lagoa de Pedras Miúdas e amósanse satisfeitos de que a Xunta se comprometa a acotar esta zona considerada perigosa.
Redacción Salnés








