Política Territorial reabre ó tráfico na súa totalidade a Vía Autonómica do Barbanza

    aperturaautovia_070708.jpgBARBANZA > A conselleira María Xosé Caride informou de que as obras estarán rematadas nun prazo máximo de seis meses.

    A vía rápida do Barbanza volveu abrir ó tráfico na súa totalidade este mediodía. A Conselleira de Política Territorial, María Xosé Caride, desprazouse ata o concello de Boiro para anunciar a apertura da estrada e manter un encontro cos alcaldes na comarca, co fin de que lle pudieran transmitir as principais necesidades e inquedanzas plantexadas polos distintos colectivos.

    Visita polas obras

    Despois de visitar o tramo que aínda permanecía pechado, seis quilómetros entre Rianxo e Boiro, a Conselleira de Política Territorial anunciou a súa apertura dende as dúas desta tarde. Deste xeito, a vía rápida do Barbanza queda operativa na súa totalidade polo que os usuarios poden xa circular ó longo dos corenta quilómetros entre Padrón e Ribeira a través de dous carrís, un para cada sentido.

    Enlaces pechados

    Sen embargo, non tódolos enlaces están operativos. En sentido Padrón – Ribeira, están abertos Dodro, Catoira, Rianxo, Espiñeira , Pobra Norte e Ribeira mentres que noutro sentido poderanse utilizar os de Ribeira, Pobra Norte, Espiñeira e Dodro. A este respecto, María Xosé Caride en referencia ás queixas do colectivo empresarial da comarca indiciou que os accesos estarán opertivos tan pronto sexa viable técnicamente. Segundo informou posteriormente na reunión que mantivo cos alcaldes, o enlace de Catoira podería estar aberto nun prazo de quince días mentres que haberá que agardar mes e medio para utilizar os de Plameira e Pobra Sur.

    {flowplayer}barbanza/aperturaautoviarianxo.flv{/flowplayer}

    Apertura parcial

    A Conselleira lembrou ademais que se trata dunha apertura parcial, polo que a estrada continúa en obras e os condutores deben extremar a precaución. Informou ademais de que non se volverá a pechar ningún treito do trazado aínda que si se poden producir cortes puntuais derivados das necesidades das obras nos seis meses que quedan para concluir os traballos definitivamente.

    Trala reunión cos alcaldes, o delegado provincial de Política Territorial, Alberto González, comprometeuse a volver a manter un encontro cos rexedores locais durante este mes de xullo para analizar a ejecución das obras e as posibles necesidades que poidan xurdir.

    Redacción Barbanza