Inaugúranse as melloras do C.N. de Pontecesures

pontecesures250_070708.jpgPONTECESURES > Pontecesures estrenou esta fin de semana as novas instalacións do seu Club Náutico, despois de ano e medio de traballo nelas. Unha inversión de case 250.000 euros financiada na súa maior parte pola Consellería de Cultura e Deporte.

A alcaldesa de Pontecesures, Maribel Castro, a Delegada Provincial de Deporte María Xesús López Escudeiro e o vicepresidente da Deputación José Juan Durán, inauguraron o venres a ampliación e mellora das instalacións do Club Náuttico.

Tras ano e medio de obras os padexeiros poderán desfrutar dun club cunhas condicións moito máis modernas e novidosas. No acto, o deportista local máis destacado, André Oliveira, recibíu das autoridades políticas unha pala como agasallo e tamén coma un símbolo, xa que o club comeza agora unha nova etapa onde se mirará con lupa os seus progresos e no que sen dúbida tentarase facer máis grande o piragüismo nun municipio coma Pontecesures, captando novos rapaces para a súa práctica.

O investimento total desta obra ascense a algo máis de 246.000 euros, dos que 218.000 foron financiados pola Consellería de Cultura e Deporte e o restante, uns 28.000, polo Concello. O edificio contará agora con espazos moito máis amplos e perfectamente delimitados. Un almacén para o material de competición, vestiarios e duchas e un ximnasio.

Hoxe estréanse definitivamente estas melloras coa celebración do I Trofeo de Piragüismo Pontecesures.

Redacción Salnés