O BNG di que hai máis propaganda que cobertura social nos orzamentos

    bng_sanxenxo100_080708.jpgSANXENXO > Roberto Fernández Lores afirma que a Conta Xeral de 2007 pon en evidencia que o goberno local só prima a propaganda

    …en vez da cobertura social. O edil nacionalista destaca o contraste que hai por exemplo entre os 721.000 euros para festas cos 247 euros para axuda a domicilio.

    O BNG de Sanxenxo afirma que neste Concello hai máis propaganda que cobertura social nos orzamentos municipais. O portavoz nacionalista Roberto Fernández Lores fai esta reflexión logo de analizar a conta xeral correspondente ó ano 2007.

    Os orzamentos do ano pasado ascendía a 114 millóns de euros e o BNG afirma que se demostrou que eran unha ficción. Os nacionalistas recollen datos como os 721 mil euros que se destinaron a festas e eventos populares ou os 40 mil euros que a alcaldesa dirixiu a atencións protocolarias.

    Para o BNG o organismo Terra de Sanxenxo merece un capítulo aparte. Sinala que dos 80 empregados que tivo en 2007 só hai un funcionario e que os demais son persoal contratado, o que xerou un gasto de 875.000 euros. Tamén di que para a piscina se destinaron 497.000 euros, cando os ingresos só foron de 267.000 euros.

    O BNG advirte que estas grandes cifras contrastan coas cantidades destinadas a servizos sociais. Así, considera ridículos os 247 euros para axuda a domicilio ou os 7.500 euros para a OMIX, entre outras partidas.

    Redacción Salnés