Vilagarcía ponlle deberes ao Goberno central

VILAGARCÍA>  O remate do paseo marítimo, a mellora da Avenida de Rubiáns ou o reforzo das comunicacións ferroviarias. Son as grandes peticións que o alcalde de Vilagarcía lle trasladou hoxe ao Delegado do Goberno en Galicia, nunha xuntanza en Ravella. O alcalde aproveitou para agradece-lo esforzo do executivo central da cidade, que segundo entende plásmase en proxectos como a reforma da Casa do Mar.

Primeiro encontro entre o alcalde de Vilagarcía e o Delegado do Goberno en Galicia. José Miñones reuniuse con Alberto Varela esta mañá en Ravella. O rexedor aproveitou a ocasión para poñer enriba da mesa algunha das asignaturas pendentes  que ten coa cidade o executivo central. A primeira, o remata do paseo marítimo.

Reclamou tamén unha actuación nunha das vías de acceso á cidade, a Avenida de Rubiáns. O alcalde tamén abordou as novas conexións con Madrid. Varela celebra que a cidade volva ter conexión directa coa capital do Estado, pero pide máis…

O delegado do Goberno escoitou as demandas do alcalde, pero tampouco perdeu a ocasión para lembrar algúns dos programas impulsados polo executivo de Pedro Sánchez. José Miñones, coa pandemia en primeiro plano, puxo en valor o ‘escudo social’  impulsado polo goberno. Entende o delegado que nestes momentos as políticas sociais deben situarse por riba de todo, sen perder de vista as melloras en infraestruturas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí