O BNG esixe a revisión do saneamento en Artes para evitar a filtración de fecais

    bngsaneamentoartes_100_090708.jpgRIBEIRA > O BNG vén de denunciar a existencia de filtracións de augas fecais nos núcleos de Outeiro e Muíños, na parroquia de Artes.

    {flowplayer}barbanza/bngsaneamentoartes.flv{/flowplayer}

    A pesar de que a rede de saneamento principal da parroquia de Artes conta con separación de pluviais e fecais, os veciños dos núcleos de Outeiro e Muíños denuncian que se rexistran constantes cheiros e filtracións de augas fecais ás casas e fincas próximas á liña de saeamento, parella á estrada principal.

    Revisión a fondo

    Dende o BNG de Ribeira consideran que este deficiente funcionamento da liña pode deberse a roturas ou atascamentos na rede polo que instán ó executivo a revisar a instalación para averiguar as causas dos flitracións. Unha vez detectadas, os nacionalistas demandan que se leven a cabo as actuacións precisas para evitar os problemas de cheiros e filtracións que mesmo poden supoñer un risco sanitario pola afectación dos pozos próximos

    Asignatura pendente

    Os nacionalistas agardan que o executivo local dea solución, dunha vez por todas, a este problema do que é coñecedor dende hai meses. Neste sentido, a voceira municipal considera que a situación que padecen os veciños de Artes é só unha mostra mas da mala xestión do executivo en materia de saneamento que a día de hoxe constitúe a gran conta pendente do concello.

    Redacción Barbanza