Caride falará o luns cos presidentes das deputacións sobre o plan de estradas

    louzan100_100708_copy.jpgPONTEVEDRA > Política Territorial falará o luns cos presidentes das deputacións sobre o plan director de estradas.

    {flowplayer}images/salnes/louzan_estradas.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > A tan demandada reunión entre as Deputacións e Política Territorial para falar do plan director de estradas de Galicia celebrarase o luns en Santiago. Pero desde Pontevedra, Rafael Louzán, considera que chega tarde, posto que ese plan xa se aprobou hai unha semana sen ter en conta ás deputacións, cando estas teñen en titularidade o 57,5 por cento das estradas da comunidade.

    Louzán indicou que vai a esa xuntanza sen coñecer as actuacións con detalle e mesmo incluso sen saber se o Ministerio de Fomento está de acordo co plan. Por iso remitiu unha carta á conselleira María José Caride para pedir máis información e, de paso, solicitarlle a unha nova reunión, esta xa bilateral para abordar os asuntos que atinxan á provincia de Pontevedra.

    O presidente da Deputación de Pontevedra tamén solicita á Consellería que se amplíe a tres meses o periodo de exposición pública do plan. A intención da Xunta é que se poida consultar nos meses de xullo e agosto. Louzán confirmou que irá á reunión do luns e insistiu en que a Deputación ten especial interese na planificación da rede viaria da provincia, onde é titular da metade das estradas.

    Redacción Salnés