O C.N. Portonovo presenta as súas actividades estivais

regatas250_100708.jpgSALNÉS > O Club Náutico de Portonovo volve a ofertar un ano máis, dous meses cheos de actividades para os amantes da náutica. Durante todo o verán organizarán regatas e campionatos, o primeiro dentro de escasos dez días coa celebración da Regata de Cruceiros Trofeo Casino La Toja.

A primeira cita coa competición en Portonovo chega o sábado 19 e o domingo 20 coa xa tradicional VI Regata de Cruceiros, que será o IV Trofeo Casino La Toja. Na proba daranse cita as mellores embarcacións da Ría de Pontevedra, Arousa e Vigo. Unha veintena de cruceiros e máis dun centenar de partcipantes buscarán alzarse coa victoria final.

Unha semana despois, o 27 de xullo será o turno para a fotografía submarina, disciplina da que se disputará o Campionato Galego, que ademais será puntuable para o Nacional. No evento concurrirán máis dunha treintena de participantes e estará organizado conxuntamente polo Náutico de Portonovo e Federación Galega de Actividades Subacuáticas.

Para o mes de agosto quedarán xa outras competicións, a destcar, a que terá lugar os días 23 e 24 coa XI Regata de Cruceiros Hotel Galatea, que sempre luce un gran nivel de participación e competitividade.

Unha semana despois, o día 30, chegará o VI Campionato Rodman Pesca Deportiva sobre embarcación fondeada. Levaranse premio nesta competición o que acade maior puntuación, á maior captura e o que obteña maior número de pezas.

Redacción Salnés