O PORTO DO SON> O Porto do Son acollerá este domingo unha proba da Liga Galega de Andainas. A organización, a cargo do Club Trabandainas, agarda reunir a preto de 700 deportistas nas dúas categorías da proba que se divide nunha andaina longa e outra curta.
A proba que se celebrará este domingo no Porto do Son forma parte da Liga de Andainas homologada pola Federación Galega de Sendeirismo. Constará de dúas distancias: unha máis esixente, de 25 quilómetros e suba ó Monte Enxa, e outra dun nivel máis accesible.
Dende o concello do Porto do Son reafirman a súa colaboración con este tipo de iniciativas que non só fomentan a práctica deportiva e un estilo de vida saúdable senón que contribúen a dar a coñecer a riqueza paisaxística e patrimonial do municipio.
Os interesados en participar poden realizar a súa inscrición na web cronotec.es. dende o Club Trabandainas agardan roldar os 700 participantes.











