Transparencia, participación e traballo son os eixos de Marea de Noia

    NOIA> O seu candidato Manolo Seijas considera que se trata dun programa aberto e real, froito dun amplo proceso asembleario. A transparencia na xestión municipal é para Marea unha cuestión de máxima importancia, de aí que se chegan á alcaldía a partir do 24 de maio, publicarán de xeito periódico os gastos e ingresos do concello para coñecemento de tódolos veciños. Para os membros desta formación, a Ría é a principal fonte de riqueza, de aí que impulsen diversas actuacións de cara a súa rexeneración. En canto ás políticas de benestar e conciliación, esta formación pretende que ningún veciño pase por necesidades básicas. Marea tamén propón entre outras accións a creación dun centro municipal de emprego e un plan de formación e traballo para a mocidade, así como a construción dun centro de día e unha gardería pública.