RIBEIRA> O Concello agarda tamén que a redacción do proxecto construtivo se realice nos prazos previstos, para poder contar canto antes con esta importante infraestrutura.
Finalmente a Xunta optou por derrubar o antigo edificio da discoteca Hesta Kurva, en lugar de rehabilitalo. O proxecto de demolición xa está rematado, polo que en breve se iniciará este proceso que permitirá crear a futura residencia de maiores.
Mentres se executa, a Xunta continúa coa redacción do proxecto construtivo. Un trámite que dende o Concello confían en que se vexa acelerado para poder dispoñer desta infraestrutura a maior brevidade de tempo posible.
A futura residencia de maiores de Ribeira contará cun orzamento duns dez millóns de euros. Será financiada con fondos europeos e nela aplicaranse as innovacións do novo modelo residencial que pretende poñer en marcha a Xunta.
O futuro edificio contará cun total de cen prazas, que estarán distribuídas en módulos de convivencia de 25 residentes, con habitación individuais e baños adaptados, entre outras melloras.