Os emigrantes retornados dín que a sentenza é unha vitoria, pero a guerra non está gañada

    VILAGARCÍA> A plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés concentrouse esta mañá ás portas da sede de Facenda en Vilagarcía, para anunciar que gañaron unha batalla fronte ó gobernó español, a través dunha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, pero que aínda queda moita guerra para conseguir un trato xusto e igualitario para estes xubilados. Non é a primeira vitoria legal do colectivo, xa que en decembro do ano pasado explicaron que o Tribunial Superior de Xustiza de Galicia xa fallara que o Estado Español non pode cobrar polas pensións a quen traballase en Alemaña durante o periodo de vixencia do acordó bilateral España-Alemaña, sempre e cando xa paguen impostos no país xermano. Xa entón a Plataforma de Emigrantes Retornados do Salnés, anunciaba que interporía máis demandas similares no Alto Tribunal nos casos de que os afectados xa tributasen no seu país de orixen, aínda que éste non fose Alemaña. Nesta ocasión, a sentenza é favorable para Adelina. Unha vitoria que supón unha batalla legal gañada para Adelin, pero a plataforma esixe que esta situación sexa igual para tódolos emigrantes retornados sen ter que denuncar de xeito individual. Posto que ó ser sentenza do Tribunal galego non senta xurisprudencia, e por iso. continuarán coas súas peticións. O voceiro da Plataforma explicou esta mañá que son xa ducias as sentenzas que lles dan a razón, e non entenden a qué esperan para modificar a Lei 35/2006. Desde a Plataforma do Salnés aproveitaron tamén para anunciar que o próximo 13 de outubro haberá unha manifestación nacional por este motivo, que terá lugar na localidade ourensá de O Carballiño.