Os vendedores ambulantes de Vilagarcía temen os riscos de compartir espazo co tránsito rodado

VILAGARCIA> Os vendedores ambulantes de Vilagarcía protestan por compartir a feira co tránsito de vehículos. Os feirantes advirten do perigo que supón para os clientes e vendedores. Piden o informe da policía local que avala a seguridade desta convivencia e comezarán a mobilizarse se non reciben unha solución.

Os vendedores ambulantes de Vilagarcía volven cargar contra o goberno local pola distribución das zonas da feira. Os feirantes denuncian o perigo que supón a convivencia nun mesmo espazos dos postos e o tránsito de vehículos. Non entenden a decisión do goberno de Vilagarcía.

Dende o mercado temen que calquera día aconteza unha desgraza. Por iso solicitarán á policía local o informe que avala que a convivencia entre postos e vehículos é segura.

O concello explicou que o tránsito de vehículos por esa zona é importante para a vila. Unha situación que xa falaran cos comerciantes. Feito que os feirantes consideran que non é certo. Segundo advirten, comezaron as conversas pero a decisión foi tomada sen consenso polo concello.

Os comerciantes temen que detrás de todo isto só haxa unha explicación, que o concello non queira que a feira se manteña na vila.

Os feirantes piden solucións para poder traballar con seguridade e garantías. De non ser así comezarán a mobilizarse para defender o seu sustento. Agardan contar co apoio da veciñanza igual que na recollida de sinaturas de hai uns meses.