VILAGARCÍA> En Vilagarcía, a veciñanza da rúa Canto, en Faxilde, denuncia o estado que presenta o camiño. A vía sufriu varios afundimentos en distintos puntos, por mor do paso de vehículos pesados. Nun deses puntos, o concello instalou hai tres semanas unha prancha de ferro para tapar unha gran fochanca. Unha solución temporal que está a causar moitas molestias aos veciños, en especial pola noite, polo ruído que fai cando pasan coches. Aseguran que levan presentados xa varios escritos no concello denunciando o estado do camiño sen que ninguén lles faga caso.
A veciñanza de Canto, en Faxilde, no concello de Vilagarcía, ten dende hai semanas este son metido na cabeza.
O camiño atópase en moi mal estado. A veciñanza da zona denuncia que hai varios treitos afundidos, por culpa dos vehículos pesados que circulan por aquí.
O afundimento do camiño e o mal estado das tubaxes, denuncian, implican avarías constantes.
O punto crítico é diante da casa de Silvina. Aquí puxeron hai tres semanas esta prancha de ferro para tapar unha fochanca. Cadra xusto diante do seu cuarto facendo moito ruído cada vez que pasa un coche. O descanso polas noites, moi complicado.
Explica que o paso de coches empeza a ser constante a partir das 4 da madrugada.
Ante esta situación, reclámanlle ao concello que tome medidas.
Pero denuncian que non obtiveron resposta.
Ao mesmo tempo demandan a retirada destes postes noutro treito do camiño onde se fixo a ampliación porque, advirten, supoñen un perigo para a circulación.











