![]()
CALDAS > Música, arte, viño, automobilismo, solidariedade e medio ambiente. Son os ingredientes do Festival Cultura Quente deste ano. O concello de Caldas presentou hoxe a programación que se desenvolverá no mes de xullo. No apartado musical destaca este ano a presenza do grupo Los Enemigos que conmemora o 20 aniversario do seu primeiro disco Ferpectamente.
14 e 15 de xullo son as datas reservadas á música no Festival Cultura Quente de Caldas. Este ano a productora La Fábrica de Chocolate trae a unha vintena de grupos de estilos moi variados pero de gran calidade. Haberá 7 artistas internacionais, algúns de recoñecido prestixio como os norteamericanos Heavy Trash, o último traballo de Jon Spencer. Tamén estarán Mando Diao de Suecia, o rock’n’roll dos 60 de Robert Gordon e Cris Speeding, os ingleses Big Boss Man, os portugueses Mesa e Easyway, e a revelación brasileira Bnegao.
No apartado nacional Le Punk presenta novo disco en Caldas, tamén haberá Hip Hop con Slowlee, estarán Dhira, Canteca de Macao, Telefunken, Alameda do Soulna, Austria, Lori Meyers, Zoo, Los Coronas, Meu, e Igloo. Tamén actuarán os dilleis Moe, Lagartija e Isra. Pero unha das grandes atraccións será sen dúbida Los Enemigos que abren en Caldas unha xira de 8 concertos para conmemorar o 20 aniversario do seu primeiro disco, Ferpectamente.
Pero Cultura Quente é algo máis que música. Entre a variedade de actividades que hai este ano destaca Festambiente. Na primeira quincena de xullo desenvolveranse actividades relacionadas co medio ambiente: un curso de agricultura ecolóxica, unha campaña de doazón de móbiles, conferencias e ecobradoiros. Ademais reunirase a diversos concellos galegos galardoados coa bandeira verde.
Redacción Salnés









