![]()
SANXENXO > Os veciños gozan xa dun autobús urbano, do que tamén se poderán beneficiar os turistas da vila …
{flowplayer}images/salnes/autobus_sanxenxo.flv{/flowplayer}
SANXENXO > Os veciños de Sanxenxo gozan xa dun autobús urbano, do que tamén se poderán beneficiar os turistas da vila. As tres líneas de transporte municipal dan a oportunidade ao pasaxeiro de viaxar por Dorrón- Nantes; por Aios- Arra e polos hoteis da zona ata a Vichona.
O primeiro obxectivo do concello é cubrir unha demanda dos cidadáns e reducir o tráfico de vehículos particulares. A alcaldesa de Sanxenxo, Catalina González, inaugurou hoxe este novo servizo, froito dun convenio con Mombús Os dous autobuses urbanos, un deles, microbús de vintenove prazas e outro máis grande con capacidade para cen persoas, entre as prazas de asento e as de pé (legais), diferenciaranse con rótulos da marca ‘Turismo de Sanxenxo’.
Segundo a alcaldesa, non descartan facer horario nocturno nun futuro. Os buses municipais cubrirán o rural e zonas do interior ata agora incomunicadas, os seus horarios evitarán as horas punta de caravana polas praias e tan só custará un euro. A partir de setembro, definiranse os bonos transporte. Unha comodidade máis en Sanxenxo, incluída no plan Circula.
Redacción Salnés








