Os arousáns gastarán uns 38 millóns de euros este Nadal

    CAMBADOS> Os arousáns gastarán de media uns 337 euros nas compras do Nadal. Unhas cifras que desvela unha enquisa realizada pola Federación de Comercio da provincia de Pontevedra, que se realizou este mes de novembro, entre consumidores e asociacións locais. 

     

    Un 7% máis que o ano pasado. Ese é o incremento que experimentará o gasto medio dos cidadáns de O Salnés durante o Nadal. Un gasto que no seu 42% corresponderíase cas compras de regalos. Segundo a enquisa realizada pola Federación de Comercio de Pontevedra, por municipios, onde máis gastarán os veciños será en Cambados, onde os cidadáns gastarán uns 344 euros de media. Unha cantidade que para algúns é insuficiente. A Federación de Comerciantes estima que durante o Nadal os arousáns gastarán uns 38 millóns de euros, sendo Vilagarcía a localidade que acade o importe máis elevado, chegando aos 13 millóns de euros. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/12/compras_gastos_cambados_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/12decembro/12/compras_gastos_cambados.mp4{/flowplayer}