A Xunta prevé modificar a titularidade de 300 quilómetros da rede viaria pontevedresa

    louzan100_140708.jpgPONTEVEDRA > Máis de 300 quilómetros das estradas da provincia van cambiar de titularidade no plan de Política Territorial …

    {flowplayer}images/salnes/louzan_plan_estradas.flv{/flowplayer}

    PONTEVEDRA > Máis de 300 quilómetros das estradas da provincia de Pontevedra van cambiar de titularidade dentro do plan da Consellería de Política Territorial para mellorar o mantemento e a conservación das vías para os usuarios.

    O Plan Director das Estradas de Galicia pretende facer un intercambio da xestión de máis de 2.000 quilómetros de vías da comunidade entre Xunta, Deputacións e concellos. A proposta da Consellería foille presentada esta mañá nunha xuntanza ós catro presidentes dos organismos provinciais. O de Pontevedra, Rafael Louzán, criticou nada máis rematar a reunión o carácter da cita, da que dixo só serviu para quitarse a foto, dado que a Deputación non puido propoñer as súas alternativas ós cambios na titularidade das estradas da provincia, das que xestiona un 50 por cento.

    En total, en Pontevedra, a Deputación terá que cederlle á Xunta 108 quilómetros de estradas, mentres que o Goberno Autonómico lle transfire 105 á Deputación, e 114 ós concellos. Un cambio que segundo Rafael Louzán deixa igual a situación das vías na provincia, dentro dunha proposta que para el ven logo de tres anos de inactividade da Xunta no Plan Director de Estradas. Os organismos provinciais teñen agora aberto ó prazo para presentar as alegacións ó proxecto.

    Redacción Salnés