RIANXO> O concello de Rianxo decidiu reforzar o seu operativo de prevención contra incendios con vixilancias nos montes. Son os axentes da Policía Local os encargados de patrullar as zonas forestais do municipio, especialmente en quendas de noite, para evitar potenciais perigos que poidan desencadear un lume. Aínda que teñen principalmente un fin disuasorio, os axentes tamén interveñen cos seus propios medios se detectan algún foco ou conato para evitar a súa propagación. Entenden dende o concello que o reforzo de prevención non só evita danos maiores ó medio ambiente senón que tamén supón un importante aforro económico dado o alto custo que conlevan operativos de extinción de incendios.
Inicio BARBANZA