Arousa Norte crea un mapa emocional turístico para potenciar o interior da comarca

    metarousanorte_100_140708.jpgAROUSA NORTE > A Mancomunidade de Municipios de Arousa Norte iniciou en Ribeira as experiencias para a elaboración do mapa emocional turísitico.

    {flowplayer}barbanza/metarousanorte.flv{/flowplayer}

    A primeira das rutas para elaborar o mapa emocional turísitico desenvolveuse este luns no concello de Ribeira. Un grupo de dez persoas partiron da parque de San Roque en dirección ó miradoiro da Pedra da Rá e o Monte da Cidade. A continuación baixaron cara o parque natural de Corrubedo para rematar o seu percorrido en Artes. Tódolos participantes levaban conectado un sensor, capaz de rexistrar e interpretar as súas emocións nas disitntas paradas realizadas durante a ruta.

    Iniciativa pioneira

    Coordinando a experiencia está estes días na comarca do Barbanza un dos creadores deste sistema, o británico Christian Noll. O impulsor desta iniciatva, que se desenvolveu por primeira vez no Reino Unido no ano 2004, explicou que o obxectivo dos MET é proporcionar moita máis información da que rexistra un mapa convencional, incluíndo as emocións e os sentimentos que provoca cada punto turístico.

    A experiencia terá continuidade ó longo de toda a semana nos demais concellos do Barbanza: o martes na Pobra, o mércores en Rianxo e o xoves en Boiro. Tras analizar os resultados, o venres presentarase o primeiro mapa emocional turísitco elaborado en España.

    Redacción Barbanza