Unhas 64 adegas participarán na mostra de albariño artesanal Albarousa

    albarousa_100.jpgVILAGARCÍA > A mostra de albariño artesanal Albarousa volve este ano a Vilagarcía, nunha cata na que participarán cerca de 70 adegas. Un número que abala a boa …

    …traxectoria da cita gastronómica, que ten coma obxectivo dar a coñecer este caldo galego da Denominación de Orixe Rías Baixas.

    A praza da Peixería repite este ano coma escenario dunha cita que foi gañando en participación ó longo dos seus 27 anos de historia, e que espera volver a reunir a centos de persoas entre os días 7 e 8 de agosto. A venda de viño preparado en barril e as charlas coloquio sobre o uso do albariño na hostalería son algunhas das novidades deste ano.

    No marco das Festas de San Roque, declaradas Ben de Interese Turístico Nacional grazas á mostra, volverase a mesturar gastronomía, xa que ademais de viño tamén se farán pratos propios para acompañar coma os chourizos á pedra, cun circuíto cultural. Nel participan asociacións coma a de Mulleres Rurais de Sobradelo, ou o Club de Remo de Vilaxoán, ademais de agrupacións folclóricas coma a de San Pedro de Cea.

    Redacción Salnés

    Comments are closed.