Preocupación no Grove pola situación económica do concello

    ECOGROVE.jpg O GROVE> O alcalde Miguel Ángel Pérez asegura que a débeda financeira supera os oito millóns e medio de euros.

    {flowplayer}images/salnes/SITUACION_ECONOMICA_CONCELLO_GROVE.flv{/flowplayer}
     
    A crise económica que está a azoutar tanto a particulares coma administracións non está a deixar fora de combate ó concello do Grove. Así o confesou esta mañá o alcalde do municipio. Segundo o edil de Facenda son varias as causas que os levan a estar nesta situación, entre eles a suba do IVE, a inflación ou a redución dos ingresos procedentes do Estado.
     
    A isto hai que sumarlle, tal e coma sinalou Miguel Ángel Pérez, o alto grao de execución do gasto do exercicio deste ano. Coma consecuencia desta situación económica, explicou Callón, están a ter problemas para efectualos pagos a provedores. Por iso, adiantou, están desenvolvendo un estudo global sobre o sistema tributario do concello para analizalas posibilidades para afrontala situación.
     
    Por último, o alcalde manifestou que non descartan unha suba de impostos ou mesmo reducila plantilla do concello para diminuír o gasto.
     
    Redacción Salnés