VILAGARCÍA> O concello de Vilagarcía creará un novo acceso á vía verde do Salnés. Trátase dunha actuación no inicio da senda que busca reducir as pendentes nesa zona para favorecer o acceso de todo tipo de públicos. O proxecto conta cun orzamento de 230.000 euros, financido con fondos europeos.
Vilagarcía quere mellorar o primeiro dos accesos á Vía Verde do Salnés, un itinerario que une o municipio con Caldas e Portas. O concello vai actuar no inicio da senda para reducir a elevada pendente que ten nese punto.
O concello destinará a esta mellora 230.000 euros, a través de fondos europeos. A actuación suporá que a Vía Verde medre no treito vilagarciá.
O alcalde salienta que esta mellora permitirá que moitas das persoas usuarias vivan o percorrido íntegro, xa que nestes momentos eran moitos os que optaban por iniciar a senda nun dos accesos posteriores.
O proxecto saíu hoxe a licitación. Unha vez adxudicados, os traballos terán un prazo de execución de tres meses.











