A UE aproba axudas para paliar a crise dos combustibles

    pesca_lei_100.jpgO SALNÉS > Os Ministros de Pesca da Unión Europea, no transcurso dunha reunión celebrada onte a noite en Bruxelas, …

    …acordaron adoptar unha serie de medidas de urxencia para facer fronte á crise do sector pesqueiro orixinada pola suba dos combustibles. Deste xeito, a Unión Europea destinará un total de 600 millóns de euros adicionais procedentes de fondos comunitarios como medida de choque ante as constantes subidas de prezo do gasóleo, que nos últimos cinco anos supuxo un incremento do 300 %.

    Estas axudas ós mariñeiros terán en conta rexións nas que exista unha dependencia importancia da pesca como é Galicia e imporán como condición que o combustible represente un 30 % dos gastos totais do buque, ou alomenos un 20 % no caso de barcos con menos de 12 metros de eslora. Estas subvencións estarán condicionadas a un desmantelamento do 30 % da flota beneficiada.

    O Consello, tal e como reclamou España, accedeu a facilitar este tipo de axudas por parada temporal á flota afectada por uns plans de xestión, e non só a aqueles que se acollan a estes programas de desmantelamento.

    Financiaranse tamén outras medidas que contribúan a loitas contra o cambio climático e a acadar un menor consumo. A Consellería de Pesca da Xunta de Galicia xa declarou que estas axudas cumpren cas súas expectativas. Mentres tanto, asociacións e confederacións de armadores, como CEPESCA, sinalaron que botan de menos outras medidas máis inmediatas, sen menoscabo de valorar moi positivamente a resposta, en tempo record, do comisario Europeo en temas de Pesca, Joe Borg.

    Este acordo podería entrar en vigor este mesmo mes.

    Redacción Salnés