O SALNÉS> A Denominación de Orixe Rías Baixas deseña a folla de ruta a seguir ata o ano 2030. Hoxe presentou o seu Plan Director que marca ese ano como horizonte co obxectivo de multiplicar por dous o seu valor en vendas, ata superar os 300 millóns de euros. Aumentar o volume, reforzar a aposta pola internacionalización, elaborar máis viños premium e máis sustentabilidade e innovación, son os piares da estratexia.
A Denominación de Orixe Rías Baixas deseña o seu camiño cara o futuro. Márcanse o 2030 como horizonte co deseño dun Plan Director. Como, cando e onde ten que actuar a Denominación de Orixe Rías Baixas son as preguntas ás que responde este documento.
Estes piares son as liñas estratéxicas que debe seguir o sector cara o 2030. O obxecitvo: multiplicar por dous o valor en vendas, ata superar os 300 millóns de euros.
Para conseguir estas cifras é fundamental incrementar a produción e, polo tanto, a superficie de hectáreas amparadas pola Denominación de Orixe Rías Baixas. O obxectivo que se marcan é acadar as 5.000 cara o 2030, cunha produción de 50 millóns de quilos de uva recollida.
Rías Baixas agarda que ao incrementar esta produción, medre tamén o número de adegas que se deciden a apostar por elaborar viños premium, cun prezo medio de 22 euros. Actualmente, só se destina ao redor dun millón de litros de viño a estas elaboracións. Dato que a DO quere duplicar.
Con esta folla de ruta, o Consello Regulador traballará agora da man do sector para deseñar as estratexias a seguir.