Triplícanse as infraccións en seguridade privada na provincia de Pontevedra

    PONTEVEDRA > No que vai de ano, na provincia de Pontevedra xa se tramitou o triple de infraccións cometidas en materia de seguridade privada que en todo o 2005. O dato deuse a coñecer na reunión da Comisión Mixta de Seguridade Privada celebrada na Subdelegación do Goberno en Pontevedra. As contías das sancións que se están a tramitar poderían superar os 138 mil euros, cando en 2005 ascenderon a algo máis de 75.500 euros. Se en todo 2005 se tramitaron 23 infraccións nos cinco últimos meses xa se tramitaron o triple: un total de 69.

    comisionseguridade_300_290506.jpgA Comisión Mixta de Seguridade Privada detectou que máis da metade das infraccións cometidas na provincia de Pontevedra corresponden ás caixas e entidades bancarias. A maioría destas están relacionadas co depósito de diñeiro en efectivo sen sometemento a ningunha medida de seguridade. A Comisión Mixta tamén abordou o intrusismo favorecido polas empresas denominadas de servizos.

    O compromiso da Subdelegación do Goberno en Pontevedra é facer un seguimento rigoroso das denuncias presentadas. A formación permanente dos traballadores deste sector e o aumento da comunicación das seguridades privada e pública foron outros compromisos adquiridos nesta reunión.

    Redacción Salnés