Fefiñáns encheuse a rebordar ca XII da Gala do Albariño

    gala_100.jpgCAMBADOS> A Praza de Fefiñáns en Cambados vibrou onte ca música no transcurso da Décimo segunda edición da Gala do Albariño.

    {flowplayer}images/salnes/310709_gala_albarino.flv{/flowplayer}

    A actuación estelar correu a cargo do compositor e solista arxentino Coti. Os milleiros de espectadores que ateigaron esta praza emblema da capital do albariño cantaron o unísono os seus temas máis coñecidos como Nada desto fue un error; Antes que ver el Sol ou este Nunca Tendré. Neste espectáculo tamén tiveron cabida outros artistas como os Bigson Brothers, unha nova composición da Década Prodixiosa, ou unha cantante da Terra, a veciña de Valga, María Chenlo.

     A música foi a perfecta acompañante do acto de entrega dos premios Folla de Prata con Albariña de Ouro. No eido da atención Social, o recoñecemento foi para a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer Afasal. No apartado da Cultura e das Artes a folla de Prata foi para Francisco Pazos, de Meaño, pola súa longa e brillante traxectoria como escultor a nivel nacional e internacional. No eido empresarial, Gralicia, foi a merecente deste recoñecemento pola súa aposta decidida polo Polígono Industrial do Salnés. Pola súa banda, o padexeiro David Cal acudiu desde o seu Cangas natal para recibir un recoñecemento máis que engadir o seu nutrido palmarés deportivo.

    Un dos momentos máis especiais deste acto de entrega, presidido en todo momento polas raíñas do Albariño e as súas damas, foi a recepción do recoñecemento na área de Xornalismo e Comunicación Social, que desta volta recaeu na nova directora xeral da Televisión de Galicia, a cambadesa, Rosa Vilas. Poderán ver esta gala de xeito íntegro nesta canle, mañá sábado ás dez e media da noite; e o domingo ás doce menos cuarto da mañá.

    Redacción Salnés