O Mar nunha Flor celebrará na Illa unha gran variedade de espectáculos culturais

A ILLA> A illa de Arousa prepárase para gozar cunha gran variedade de eventos culturais co regreso do Mar unha Flor. Un festival que inclúe teatro, música, cine, exposicións, poesía e este ano coa novidade de espectáculos teatrais para os máis pequenos.

A oferta da Illa de Arousa durante o verán vai máis alá das súas praias e as súas paisaxes. A cultura ten un oco importante na súa programación estival con eventos como o Mar unha Flor. Un festival cultura que inclúe numerosas actividades con actuacións artísticas en diversos campos.

A principal novidade deste ano son as actuacións para os máis pequenos.

A programación compleméntase con numerosas actuacións musicais, unha actuación de improvisación teatral, exposicións, documentais e cine. Dentro do espazo musical destacan a actuación de Sheila Patricia e a presentación do novo disco de A Pedreira.

O festival terá lugar do 12 ao 20 de xullo, rematando xusto para o comezo das festas patronais da Illa. Os eventos son todos gratuítos, agás o de Pedreira, o Impro Chou e o de coraSóns. As entradas están á venda no bar museo e na administración de lotarías de San Xulián.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí