A hostalería poderá abrir as terrazas ao 100% nos concellos con nivel alto de restricións

O SALNÉS> A hostalería poderá abrir as terrazas ao 100% nos concellos de nivel alto de restricións. O subcomité clínico que asesora á Xunta acepta a solicitude do concello de Vilagarcía. O que si se manteñen son os niveis de restricións do día anterior.

Os alcaldes do Salnés trasladaron no día de onte ao conselleiro de sanidade ás súas peticións sobre as restricións que afectan as súas vilas, e especialmente á hostalería. Na reunión o rexedor de Vilagarcía pediu que se permitise a apertura total das terrazas e a ampliación dos seus espazos. Unha petición que aprobou a consellería de sanidade.

A medida que non adoptará o comité é a solicitada por Sanxenxo. Telmo Martín propoñía que se pedise a hostalería as mesmas probas que ao ocio nocturno. Unha petición que outros alcaldes a vían complicada.

O que non mudou a consellería é os niveis de restricións de cada vila. Unha decisión que non gustou aos alcaldes que se atopan no nivel alto.

Os alcaldes volveron reclamar que se deixe de criminalizar ao sector. Advirte que os locais son máis seguros que as comidas familiares ou as festas privadas. Incluso a mancomunidade presentou o resultado dun proxecto co que quere demostrar a seguridade da hostalería do Salnés.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí