Portos de Galicia anuncia a creación dun clúster de Náutica Recreativa

    SANXENXO> Sanxenxo foi a localidade escollida por Portos de Galicia para presentar o seu prantexamento inicial…

    {flowplayer}images/salnes/nautica_recreativa_sanxenxo_240712.flv{/flowplayer}

    … do que pretende ser o primeiro Plan Estratéxico de Náutica Recreativa para a Ría de Pontevedra. Non en van, os portos deportivos Juan Carlos Primeiro e do Club Náutico de Portonovo contan con case a metade das 1.297 prazas de náutica recreativa desta ría pontevedresa.

    E é que a náutica recreativa é cada día máis unha fonte de traballo para un gran número de persoas; estímase que por cada cento de prazas de amarre cas que conta Galicia repercute na creación de catro ou cinco empregos directos e nove indirectos.

    Este borrador partiu á raíz da colaboración a priori de tódolos entes implicados, unhas achegas que serán complementadas nos vindeiros dous meses nos que poderán participar os diferentes sectores implicados que poderán opinar sobre tódalas medidas que recolle este plan.

    Dentro destas medidas, Portos de Galicia destaca a creación dun clúster da acuicultura galega que virá a crear unha fronte común deste sector. Entre os plans prioritarios nesta folla de ruta cabe salientar o esforzo previsto para aproveitar a situación xeoestratéxica de Galicia para chegar a captar ós 17.000 tránsitos potenciais que se calcula que ten a nosa Comunidade.

    Redacción Salnés